Tekken 7

Descrición: Non hai gloria para os heroes. Algúns loitan por honra, outros por deber, vinganza ou débedas que nunca poderán pagar. Todas as pelexas son persoais e cada obstáculo no camiño definirate. Prepárate para a próxima batalla co mellor xogo de loita!

Tipo de competición: Brackets de grupo (Eliminatoria simple) 1 vs 1 con Dobre eliminación en roldas posteriores.

Versión: PS4

Normativa:

  • Tanto a fase eliminatoria como as finais disputaranse a BO3.
  • Cada combate constará de ata 3 rounds de 60 segundos.
  • Os grupos serán chamados en orde e disputaranse todos os combates de grupo ata quedar un só vencedor. Todos os participantes que non asistan serán eliminados tanto de rolda principal como nas roldas de losers.
  • A participación das roldas de losers é opcional, en caso de non querer participar nelas, informade ó organizador da actividade unha vez vos teñan eliminado da rolda principal.
  • Só o que perdese o combate pode cambiar de loitador.
  • Calquera xogador que use “Selección aleatoria” para elixir o seu personaxe, deberá usar “Selección aleatoria” de novo se gaña o Combate.
  • Calquera xogador que use movementos glitcheables, como os de Eliza/ Akuma, automaticamente perderá a rolda.
  • Non haberá personalización de cor, nomes ou items durante toda a duración do torneo. Calquera xogador que o faga, automaticamente perderá a rolda.
  • No caso de que haxa Gran Final, o gañador da fase de Losers terá que gañar 2 Sets para gañar a competición.
  • O escenario escollerase sempre de maneira aleatoria.
  • En semifinais e a final a selección de personaxe poderá ser cega se os xogadores o desexan. Na semifinal e final cada xogador diralle ao organizador que personaxe vai xogar sen que o saiba o rival e despois seleccionaranos evitando así o " counterpicking".
  • Os usuarios poden traer os seus propios controis para participar no torneo, aínda que non inalámbricos (que non sexan o DualShock 4), nin con macros/ turbos.
  • Os conversores Cronus Max Plus e Titan One non están permitidos.*
  • Cada xogador deberá axustar os seus controis antes de empezar a loitar, non o podendo facer á metade do combate. É responsabilidade dos participantes ter os controis preparados antes de cada loita.
  • Queda prohibida a detención dun combate sen xustificación previa, coa penalización de round perdido en caso de producirse.
  • Calquera tipo de complicidade ou confabulación resultará na descualificación da persoa ou persoas implicadas.
  • Existe un máximo de 60 segundos permitidos entre Combates do mesmo Set. Se o xogador que ten o control da pantalla non realiza ningunha acción ou selección durante ese tempo, perderá automaticamente ese Combate.
  • En caso de interrupción non intencionada ou allea aos xogadores que pare a partida, estes deberán repetir o Asalto.
  • Non se permite o coaching durante os combates.

Observacións:

* En caso de necesitar un adaptador para poñer controladores doutra plataforma, a organización dispón de adaptadores Cronus Max Plus preparados expresamente para os torneos. Estes serán os únicos adaptadores permitidos.

A organización non se fai responsable do material achegado polos participantes.

En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.

A esta normativa compleméntaa a normativa xeral.

twitter facebook