Descrición: O xogo componse de sesións nas que dous equipos loitan entre si por medio de campións invocados polos xogadores, representados pola figura dun invocador. O invocador fai as veces de elemento permanente no xogo e del extráense as estatísticas e as puntuacións de cada xogador.
Normativa
- Gañador da partida: o equipo que destrúa completamente o nexo do rival ou que obrigue ao rival para renderse.
- Restricións: neste momento non hai restricións de obxectos nin de campións. A discreción do árbitro principal, poderanse engadir restricións durante o propio desenvolvemento do torneo.
Configuración de partida
- Modo: Torneo de recrutamento.
- Selección de campión: Os xogadores só poderán seleccionar campións que desbloqueasen previamente ou que teñan dispoñibles nese momento mediante a rotación de campións. Non está permitida a selección aleatoria. Para decidir quen ten a primeira elección hase de realizar un sorteo entre os dous equipos.
- Mapa: Greta do Invocador (verán), 5 contra 5.
- Pausa e desconexións: poderase pausar o xogo sempre que haxa unha causa xustificada. Entendéndose como tal a perda de conexión dalgún xogador por causas alleas a el. Se o abandono fose voluntario a partida continuará con normalidade.
- Se por algún motivo os servidores do xogo fallasen durante o partido debería comunicarse á organización para tomar unha decisión.
Xogo sucio:
As seguintes accións consideraranse xogo sucio:
- O uso de calquera programa de trucos e/ou programa de pirateo de mapas.
- Unha desconexión intencionada.
- O uso de calquera configuración que exceda a configuración estándar e permitida.
- Permitir de forma evidente que o rival se alce coa vitoria.
- Comportamento pouco deportivo ou, en xeral, prexudicial (por exemplo, gritar), inapropiado e/ou accións pouco profesionais dirixidas cara a outro xogador (mesmo dentro da propia partida). O uso dun erro do xogo que os árbitros tachasen de inxusto.
- Se se descobre que algún xogador está a realizar algunha das accións consideradas como xogo sucio, ese xogador, á discreción única dos árbitros, poderá recibir unha advertencia, perderá por retirada ou, en casos extremos, será descualificado do torneo.
- Durante o transcurso do evento, os árbitros poderán determinar outras accións para castigar o xogo sucio.
- Calquera "charla innecesaria" durante o combate. Considérase “charla innecesaria” calquera tipo de charla que saia dos casos seguintes:
- Mensaxes de saúdo entre os xogadores.
- Un sinal de derrota (por exemplo: gg, GG, ou calquera outro mensaxe que o árbitro poida utilizar para decidir o gañador).
- Charlas entre os xogadores que non violen a cláusula de comportamento pouco deportivo.
- Calquera mensaxe que o árbitro considere parte do xogo.
- Nun torneo fóra da internet, se un árbitro decide que as condicións externas (prensa, líder de equipo, xogador, espectador, etcétera) ofrecen ou ofreceron unha vantaxe inxusta a un xogador, este poderá recibir unha advertencia ou perder o combate de forma automática, a discreción única do árbitro.
Estipulacións finais:
As regras arriba mencionadas poden corrixirse nos seguintes casos:
- Se os árbitros do torneo, á súa única discreción, deciden adoptar o último parche ou versión de cada xogo oficial.
- Se os árbitros do torneo, á súa única discreción, deciden modificar a configuración e as opcións do xogo requiridas para utilizar a versión máis actualizada do xogo.
- Se os árbitros do torneo, á súa única discreción, deciden utilizar un novo programa de protección contra trucos e/ou outras funcións de protección contra trucos.
- Se os árbitros do torneo, á súa única discreción, deciden cambiar a configuración do xogo e/ou outras operacións debido ás diferenzas entre os torneos na internet e os torneos fóra da internet.
Observacións:
A organización non se fai responsable do material achegado polos participantes.
A esta normativa compleméntaa a normativa xeral.
En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.