Prensa
Responsables de prensa:
Aitor Ubarretxena. Infotres Comunicación.
943 22 45 30 / 609 12 16 66
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Silvia Regal. Fundación Semana Verde de Galicia
986 577000 / 669 840532
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Os responsables da XGN R Encounter consideran que esta décimo oitava edición supuxo "un paso de xigante" no proxecto de crecemento da party, que comezou o pasado ano. Ricardo Durán, director xeral da Fundación Semana Verde, destacou a cantidade e a calidade das actividades que se desenvolveron nestes tres días, así como a comodidades das instalacións e a estabilidade da rede, que permitiu aos participantes gozar dunha velocidade de conexión de 10 Gbps.

Ler máis...
Que mellor que aprender xogando, con contidos supervisados por pedagogos e testados cientificamente. Norman Suárez, CEO de Cuicui Studios, considera que as novas tecnoloxías son o aliado perfecto para a comunidade educativa, porque permiten aproveitar ao máximo as capacidades de todos os alumnos.

Ler máis...
A décimo oitava edición da XGN R Encounter está xa a pleno rendemento. Tras a apertura oficial desta mañá, quedan por diante tres días repletos de actividades, desde torneos de videoxogos e competicións de robótica ata talleres formativos, pasando por charlas e conferencias. Pero sen dúbida, este ano a party galega realizou unha especial aposta pola arte dixital e as experiencias de realidade virtual.

Ler máis...
A party galega XGN R Encounter pon en marcha mañá a súa décimo oitava edición, e faino superándose tanto en número de inscritos como na cantidade e interese das actividades que ofrece este evento organizado pola Feira Internacional de Galicia ABANCA co respaldo da Consellería de Política Social e a colaboración e patrocinio da empresa R.
Ler máis...
A party galega XGN R Encounter comezará este venres a súa décimo oitava edición, máis grande que nunca. Así, o evento arrinca a semana da súa celebración superando xa o rexistro de inscritos da pasada convocatoria, cando 800 persoas tomaran parte co seu ordenador. Ademais, espérase que outras 1500 persoas acudan ao recinto para gozar das actividades que se desenvolverán durante os tres días, ata o domingo 14.
Ler máis...