Descrición: Xusto cando a emoción do último torneo, xa convertido en lenda, comezaba a desvanecerse, empezan a estenderse como a pólvora entre os loitadores de artes marciais de todo o planeta rumores sobre un novo torneo mundial, rumores que deixan ao seu paso un ronsel de misterio…
Versión: PS4. Arcade Edition.
Tipo de competición: Brackets de grupo (Eliminatoria simple) 1 vs 1 con Dobre eliminación en roldas posteriores.
Nota: Estarán dispoñibles todos os personaxes, incluídos os da terceira tempada que teñan saído ata o momento.
Normativa
- A fase eliminatoria disputarase a BO3, a final será a BO5.
- Cada combate constará de ata 3 rounds de 99 segundos.
- Os grupos serán chamados en orde e disputaranse todos os combates de grupo ata quedar un só vencedor. Todos os participantes que non asistan serán eliminados tanto de rolda principal como nas roldas de losers.
- A participación das roldas de losers é opcional, en caso de non querer participar nelas, informade ó organizador da actividade unha vez vos teñan eliminado da rolda principal.
- Pódese cambiar de loitador entre combates e entre roldas eliminatorias ao gusto do xogador.
- Entre rolda e rolda, poderase cambiar o V-Trigger aínda que non se cambie de personaxe.
- Os escenarios non permitidos durante o torneo serán: Training Stage, Skies of Honra, Flamenco Tavern e Kanzuki Beach.
- En semifinais e a final a selección de personaxe poderá ser cega se os xogadores o desexan. Na semifinal e final cada xogador diralle ao organizador que personaxe vai xogar sen que o saiba o rival e despois seleccionaraos evitando así o " counterpicking".
- Os usuarios poden traer os seus propios controis para participar no torneo, aínda que non inalámbricos (que non sexan o DualShock 4), nin con macros/ turbos.
- Os conversores Cronus Max Plus e Titan One non están permitidos.*
- Cada xogador deberá axustar os seus controis antes de empezar a loitar, non o podendo facer á metade do combate. É responsabilidade dos participantes ter os controis preparados antes de cada loita. En caso de non poder configurar o mando nun prazo de 5 minutos xogarase obligatoriamente co mando estandar da consola.
- O mapa será seleccionado aleatoriamente, en caso de elixir un mapa concreto reiniciarase cun mapa aleatorio.
- Queda prohibida a detención dun combate sen xustificación previa, coa penalización de round perdido en caso de producirse.
- Non se permite o coaching durante os combates.
Observacións
* En caso de necesitar un adaptador para poñer controladores doutra plataforma, a organización dispón de adaptadores Cronus Max Plus preparados expresamente para os torneos. Estes serán os únicos adaptadores permitidos.
A organización non se fai responsable do material achegado polos participantes.
En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
A esta normativa compleméntaa a normativa xeral.