Non importa se es un scener, un gamer, gústache o modding, ou se simplemente non encaixas en ningún outro lado... Esta é a túa sección! Só che pedimos que deixes a vergoña na casa.
Pedra, papel, tesoira
Dous equipos enfróntanse, por ser o rei de “Pedra, papel, tesoira”, pero saltando cos pés xuntos, por uns aros de ximnasia O obxectivo é que un xogador, chegue ao extremo contrario desde o cal empezou.
A momia da XGN
Xogo por parellas, o cal consiste en cubrir á outra persoa con papel hixiénico ata os nocellos no menor tempo posible.
Globo Battle Royale
Todos contra todos, gaña o último sobrevivente. Consiste en atar un globo ao nocello e ir explotando os globos dos outros participantes.
Lanzamento de CD
Consiste en lanzar un CD o máis lonxe posible.
Bandas Sonoras
Adiviña as cancións, as cales poden ser de películas, series ou videoxogos.
El chistaco
Conta o chiste máis malo que saibas, se o xurado ri, perdes.
O berro
Berra o máis forte que poidas, e canto máis dure mellor, a palabra que queiras.
En busca das tallonadas
Atopa os tres tesouros da XGN. Se atopas o mellor tesouro poderas levar o que ti elixas da XGN, calquera cousa, exceptuando os obxectos dos participantes.