Hearthstone

Descrición: Enfunda a túa espada, saca a túa baralla e prepárate para gozar con  Hearthstone, un trepidante xogo de cartas de estratexia, fácil de aprender e  salvajemente divertido. Inicia unha partida gratuíta en  Battle.net e utiliza as túas mellores cartas para lanzar feitizos, invocar criaturas e dar ordes aos heroes de  Warcraft en épicos e estratéxicos duelos.

Modo de xogo: Last Hero Standing

Normativa:

  • Xogarase en formato estándar.
  • Os participantes serán convocados para xogar a súa próxima rolda tan pronto como sexa posible, en caso de non estar 10 minutos despois da hora acordada para o seu partido o xogador será descualificado.
  • Os xogadores teñen prohibido o uso do chat e calquera dispositivo externo durante as partidas. Por iso, deberán manter a súa conta en estado ocupado.
  • Non se poderán cambiar de mazo durante todo o torneo.

Last hero standing:

  • Os participantes deben ter preparados 4 mazos de 4 clases distintas e banearase un dos mazos.
  • Para gañar a partida, o xogador deberá derrotar os 3 mazos do opoñente.
  • Cando un xogador gañe cun mazo, este terá que manter a súa baralla.
  • O xogador perdedor terá que cambiar a súa outra baralla dispoñible.
  • Vídeo explicativo do format LHE:

Observacións:

  • Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
  • A organización non se fai responsable do material achegado polos participantes.
  • En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
  • A esta normativa compleméntaa a normativa xeral.

 

 

 

twitter facebook