Zona VR Experience

Apertura da ZONA VR:

  • Venres, 12 de Outubro de 10:00 a 22:00
  • Sábado, 13 de Outubro de 10:00 a 22:00

Só fai 5 anos a realidade virtual (VR) era unha gran descoñecida para a maioría das persoas, e pouco a pouco estase a converter en algo máis extendido na nosa sociedade.

Podemos atopala como un soporte máis tanto nas plataformas de videoxogos como en tratamentos médicos experimentais (tratamentos contra o parkinson e mesmo operacións cirúrxicas).

Na zona de hardware dispoñeremos de diferentes kits de VR, e quedarás coa boca aberta experimentándoa nas túas propias carnes. A zona VR atoparase aberta para todo o público, unicamente deberás achegarche e gozar do que será o futuro do entretemento. Poderás experimentar sensacións únicas, por exemplo, sobrevivinte dunha apocalipse zombie , un jedi manexando a súa espada láser ao ritmo da música ou mesmo un artista da rúa debuxando en spray sobre paredes.

Todas estas e moitas experiencias máis estante agardando na zona VR.

Na zona VR atoparedes as lentes de dúas das compañías máis influentes actualmente, HTC Vive, influenciadas principalmente pola plataforma de videoxogos como Valve Steam e doutra banda, Oculus Rift, soportada principalmente pola máis que coñecida rede social Facebook.

Xunto ás experiencias vividas en eventos anteriores, tamén incluiremos novas experiencias para que poidas gozar dun bo intre.

ACTIVIDADES NA ZONA VR:

Competición de Beat Saber:

Trátase dun xogo musical do estudo Hyperbolic Magnetism. O xogador deberá cortar co seu sabre láser ao ritmo da música as caixas que veñan cara a el. Pero coidado, que todo non é tan fácil como parece, xa que haberá que ter en conta tamén a dirección do corte e evitar obstáculos. Cantas máis se corten, mellor puntuación gañará o xogador.

twitter facebook